O COETG informa sobre as titulacións válidas para colexiarse

Para pertencer ao Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación como colexiado, deberase acreditar dispoñer da titulación académica oficial que en cada momento habilite para o exercicio da profesión de “Enxeñeiro de Telecomunicación”.

Segundo a normativa vixente os títulos académicos que dan acceso á profesión de “enxeñeiro de telecomunicación” son o título de “Enxeñeiro de Telecomunicación” e o título de “Máster en Enxeñería de Telecomunicación”. Polo tanto, exclusivamente os posuidores destes títulos académicos terán aceso ás atribucións profesionais que lle corresponden á devandita profesión.

Logo COETG