O COETG participa na Mobile Week Coruña, encontro de debate e participación sobre o impacto da transformación dixital na sociedade

A Mobile Week Coruña iniciativa impulsada por Mobile World Capital Barcelona na que participan multitude de entidades, entre elas o COETG, é un espazo aberto á reflexión sobre o impacto da transformación dixital na vida das persoas, a través da arte, a ciencia e a tecnoloxía. A MWeekCoruña reúne a artistas, científicos, filósofos, enxeñeiros e profesionais da industria nunha iniciativa aberta para todos os cidadáns e difundida pola cidade. O futuro cotián é a temática do evento que se desenvolverá do 21 ao 28 de novembro de 2018 na Coruña co obxectivo de fomentar o debate e a participación da cidadanía en relación ao futuro cotián da sociedade actual.

Accede ao programa da MWC

Dentro do conxunto das diferentes actividades programadas nesta semana, o COETG participará, entre outras iniciativas, coa instalación dunha Experiencia de Realidade Virtual aberta ao público no Museo Nacional de Ciencia y Tecnología MUNCYT os días 22, 23 e 24 de novembro.

Durante unha semana, A Coruña e a súa área metropolitana serán o punto de encontro no que se analizará e debaterá, desde diferentes perspectivas, o cambio tecnolóxico social actual.
Mobile Week Coruña expón unha programación transversal con actividades gratuítas que abordarán os retos, os límites e as oportunidades da transformación dixital, en espazos da cidade da Coruña e de concellos limítrofes ao longo dunha semana.

mwcprog.jpg

mwc.jpg