O COETG participará no acto organizado pola Escola de Enxeñería de Telecomunicación con motivo do Día Mundial das Telecomunicacións

Con motivo da celebración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2012, a Escola de Enxeñería de Telecomunicación de Vigo organiza a conferencia baixo o título "Designing Smarter Networks: Modeling Communications in the Era of Service Awareness Social Networks and the Smart Grid" impartida por D. Mike Devetsikiotis, mestre da North Carolina State University, o vindeiro mércores 16 de maio en Vigo.

Neste acto, no que o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia colaboran, contaremos ademais coa intervención da Directora da Escola de Enxeñería de Telecomunicación, Edita de Lorenzo e do Vicedecano do COETG, Miguel Merino.

Descargar Información da Conferencia e ponente

Descargar Convidación