O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia colabora no Programa de Voluntariado Dixital

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) participa no Programa de Voluntariado Dixital posto en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Consellería de Traballo e Benestar. Este programa pretende achegar as novas tecnoloxías a unha maior porcentaxe da poboación, favorecendo deste xeito a inclusión dixital de toda a cidadanía.

Ademais do COETG, participan neste proxecto diversas entidades colaboradoras coa finalidade común de fomentar actividades de difusión da sociedade dixital e do coñecemento, a través da posta en marcha dun proxecto de ensinanza e impulso de Internet cuxo obxectivo é introducir á sociedade na utilización das tecnoloxías da información e comunicación co fin de favorecer a súa integración social e laboral.

Este programa, que se desenvolverá ao longo do territorio galego, está destinado a todas as persoas voluntarias que estean dispostas a colaborar en tarefas de motivación, a través de apoios dixitais, de cara ao uso das novas tecnoloxías por parte dos colectivos que presentan maiores índices de fenda dixital: persoas maiores, inmigrantes, persoas con discapacidade, poboación do medio rural, etc.

Dende o COETG estableceranse actuacións específicas de apoio a determinados colectivos en risco de exclusión dixital ademais de ofrecer un marco colaborativo á administración e ás diferentes entidades colaboradoras.

Os colexiad@s que desexen participar neste programa como voluntari@s dixitais, tanto de xeito virtual ou presencial, deberán inscribirse a través do seguinte enlace e enviar un correo electrónico a administracion@coetg.gal.

voluntariado-01_0.png

Actividades:
Innovación Social Dixital desde unha análise de ferramentas Canvas. Santiago de Compostela, o 4 e 5 de xullo de 2016

Innovación Social Dixital desde unha análise de ferramentas Canvas. Ourense, o 6 e 7 de xullo de 2016

Tecnópole Technological Workshops 2016. Do 4 ao 15 de xullo de 2016

Xornada AceleraTIC. 2 de xuño de 2016

Galisenior 2016. varias datas

15º Encontro de Redes de Telecentros. 15 de marzo de 2016

Proxectos:
Adhesión de aliados dixitais ao Plan de inclusión dixital en Galicia. DOGA 29 de abril de 2016