O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia forma parte das entidades e profesionais do ecosistema social e dixital que colaboran no desenvolvemento da inclusión dixital de Galicia.
O 21 de abril de 2016 aprobouse o Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 que asume o desafío establecido na Axenda Dixital de Galicia 2020 de avanzar da “alfabetización á autonomía dixital” impulsando un novo modelo de inclusión dixital, que integre as accións para a alfabetización dixital con outras que permitan a calquera persoa, independentemente do nivel dixital no que se atope, avanzar, madurar e acceder a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC, camiñando cara a innovación social dixital.
Este plan marcha grazas á cooperación, á implicación e á participación dos axentes do ecosistema dixital que agregarán capacidades, recursos e iniciativas, que permiten xerar sinerxías e conseguir un efecto multiplicador para acadar unha maior chegada ao territorio e, en definitiva, á cidadanía. Para que isto sexa posible implementouse un modelo de relación flexible e en rede sustentado en “alianzas dixitais” entre a Xunta de Galicia, entidades locais e FEGAMP, Universidades, Colexios Profesionais, Entidades do Terceiro Sector, Sector empresarial e a cidadanía (voluntariado dixital).
Nesta liña o COETG decide converterse en aliado dixital contribuíndo, deste xeito, a transformar á cidadanía galega nunha sociedade plenamente integrada na Sociedade Dixital no ano 2020.
Máis información: