O concello da Coruña solicita participación para desenvolver un proxecto piloto de edificios intelixentes

O Concello da Coruña desexa optar á convocatoria impulsada por red.es para o desenvolvemento de edificios intelixentes. Con esta iniciativa quérese dotar aos edificios da cidade de sensores que se comuniquen coa plataforma Smartcity Coruña, transmitindo datos que xeren novo coñecemento enfocado tanto a unha xestión máis eficiente da cidade como a xerar novos servizos aos cidadáns. Esta iniciativa concorda coa visión do concello de mellorar a calidade urbana e a calidade de vida dos coruñeses potenciando unha cidade sustentable e eficiente con espazos públicos de gran calidade.

Máis información e acceso á convocatoria de participación

Para tal fin, o concello quere involucrar á cidadanía e aos diferentes axentes implicados invitándoos a achegar ideas mediante talleres cidadáns e a participar na enquisa online que poñen a disposición na páxina web. Entre todas as ideas achegadas redactarase o proxecto piloto para presentar á convocatoria.

edif intel.png