O Consello Galego de Enxeñerías - CGES

O Consello Galego de Enxeñerías (CGES) é unha asociación que nace co obxectivo de promover a coordinación e buscar sinerxías entre as diferentes ramas da enxeñería, así como converterse na voz única da enxeñería diante das Administracións Públicas, entidades e institucións radicadas en Galicia. O CGES agrupa aos oito colexios profesionais de enxeñería regulada de Galicia:

Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia
Colexio Oficial Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
Colexio de Enxeñeiros ICAI
Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia
Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste de España
Colexio Oficial de Enxeñeiros de Montes de Galicia
Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos de Galicia
Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia

Entre os principais fins do CGES está a coordinación e busca de sinerxías entre as diferentes ramas da enxeñería en Galicia, potenciar o traballo interdisciplinar e expoñer as inquedanzas da enxeñería diante de organismos públicos e privados. Ademais, o CGES fomenta a evolución tecnolóxica da enxeñería e a súa aplicabilidade á sociedade nas súas diferentes ramas, velando polo desenvolvemento de investigacións, innovacións e novos deseños, produtos e máquinas cuxos obxectivos sexan solucións a problemas contemporáneos e supoñan un beneficio directo á sociedade, mellorando así a calidade de vida e o benestar dos galegos.

Así mesmo, o CGES quere ser un órgano activo na prospección da evolución científica e tecnolóxica en Galicia, presentando os plantexamentos da enxeñería diante das Administracións Públicas e calquera tipo de entidades e institucións radicadas en Galicia. Para prestixiar a enxeñería en Galicia, o CGES colabora con todo tipo de organizacións no desenvolvemento e promoción da enxeñería galega; e contribúe ao perfeccionamento das ensinanzas de enxeñería e á formación continua en Galicia. O CGES organiza e participa en congresos, conferencias, coloquios, exposicións, cursos seminarios e calquera outra actividade docente relacionada coa enxeñería, do cal imos publicando información periodicamente.

Actuacións de interese para colexiados:

Acordo de Formación
Viaxe a Xapón