O labor de Asociacións e Colexios profesionais no achegamento da enxeñería a unha sociedade con novas necesidades

Con motivo do Día da Muller o pasado día 8 de marzo, o Consello Galego de Enxeñerías do que o COETG forma parte, publicou unha entrevista realizada a varias mulleres enxeñeiras de distintas especialidades entre as que se atopa a Vicedecana do COETG e Vicepresidenta AETG, Edita de Lorenzo. Na súas declaracións, Edita ofreceu a súa visión do papel da muller na enxeñería e destacou o “importante labor” de asociacións e colexios profesionais “na divulgación, na apertura a unha sociedade nova e chea de necesidades novas”.

Ademais de Edita de Lorenzo, participaron na entrevista, María Luisa Menéndez Miramontes, a primeira Enxeñeira de Camiños, Canais e Portos colexiada en Galicia; Carla Chawla Fidalgo, Enxeñeira Naval e Oceánica e a Enxeñeira Industrial Raquel Maquieira Diz.

Accede á entrevista

edita de lorenzo.jpg