O vindeiro 24 de maio de 2019 celebramos a 24ª Noite Galega das Telecomunicacións na "Finca Montesqueiro"


Arranca unha nova edición da Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, foro de referencia do sector TIC en Galicia que organizamos dende o COETG e a AETG. Este ano o acto desenvolverase baixo a temática da tecnoloxía 5G e contaremos coa participación de empresas pioneiras na implantación desta tecnoloxía en Galicia e outras relacionadas.


Información para entidades participantes

NGTSI_2019 24maioMontesqueiro2.jpg

Dando continuidade ao seu carácter itinerante por distintos puntos da xeografía galega, este ano a Noite terá lugar en A Coruña, concretamente na Finca Montesqueiro, situada no limítrofe concello de Oleiros.

Como en edicións anteriores, no acto converxerán os profesionais, as empresas e as entidades máis representativos do sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación, tanto de Galicia como a nivel nacional ou internacional, con representación na nosa comunidade.

NGTSI_2019_web.jpg