Os asociados poderán asistir ao DIC Galicia a prezo reducido

De interese para asociados

A AGGETT (Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación) organiza a segunda edición do Congreso Internacional de Drones que terá lugar no Auditorio Municipal de Ourense.

Por segundo ano, a cidade termal volverá a acoller a empresas e profesionais dos distintos sectores co obxectivo de aproveitarse das posibilidades que ofrecen os drones e as súas aplicacións. Durante as tres xornadas que dura o congreso, que comeza o vindeiro 24 de maio, celebraránse diferentes exhibicións para facer partícipe ao público xeral e, en particular, aos máis peques da casa.

Os asociados que estén interesados en asistir ao DIC Galicia poderán beneficiarse dun 40% de desconto no prezo de inscrición, para o que deberán introducir o código AETG durante o proceso de inscrición.

Inscríbete no DIC Galicia!!

Para máis información do congreso visita: DIC Galicia

DicGalicia.jpg