Participa no Campionato CGES de Golf!

De interese para colexiados

O Consello Galego de Enxeñerías (CGES) do que forma parte o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia está a organizar o primeiro Campionato CGES de Golf.

Esta cita deportiva, aberta a todos os colexiados pertencentes a calquera dos oito Colexios membros do CGES, terá carácter anual e contará con catro fases diferentes, que se desenvolverán dentro da comunidade autónoma galega, non coincidindo máis de dous torneos na mesma provincia.

No caso de que algún colexiado esté interesado en participar no primeiro torneo que terá lugar en Miño o 17 de xuño, deberá inscribirse antes do 15 de xuño. Ademais como novidade o colexiado poderá levar un acompañante.

Para realizar a inscrición hai que enviar un mail a comunicacion@aetg.gal indicando os seguintes datos:

Opción de participación (só torneo, só comida ou ambos):
Nome completo:
Nº Colexiado:
Teléfono de contacto:
Mail:
Dirección postal completa:
Hándicap (só se participa no torneo):
Licencia federativa (só se participa no torneo):
Asiste con acompañante (si/non):

Toda a información detallada, sobre normas e condicións de inscrición, pódese consultar no Regulamento Campionato CGES de Golf.

Dende o COETG animamos aos colexiados a participar neste evento deportivo que consideramos será un bo punto de encontro entre profesionais nun ambiente distendido e que servirá para fomentar a convivencia entre os enxeñeiros galegos das distintas enxeñerías.

LEI ORGÁNICA DE PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL (LOPD)

Dacordo coa normativa vixente de protección de datos de carácter persoal. A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) infórmalle de que os datos facilitados por vostede serán obxecto de tratamento automatizado nos seus ficheros, coa finalidade de xestión integral e mantenemento da relación asociativa suscrita.
En virtude da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), vostede poderá exercitar o seu dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos referentes a súa persoa, incluidos nas nosas bases de datos, dirixindo solicitude asinada e por escrito ao Secretario da Asociación, á seguinte dirección: EE de Telecomunicación. Lagoas Marcosende s/n 36310 Vigo (Pontevedra).

golf-787826_1920-1080x675.png