Participa no Campionato CGES de Golf en Meis!

De interese para colexiados

O vindeiro día 10 de novembro terá lugar no campo de golf en Meis o segundo partido da segunda edición do Campionato CGES de Golf organizado polo Consello Galego de Enxeñerías (CGES), do que forma parte o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia. Esta cita deportiva está aberta a todos os colexiados pertencentes a calquera dos oito Colexios membros do CGES.

O prazo de preinscrición remata o mércores 7 de novembro e caso de que algún colexiado esté interesado en participar neste torneo, deberá facelo a través da Web do CGES.

Formulario de inscrición

Cartel do torneo

Dende o COETG animamos aos colexiados a participar neste evento deportivo que consideramos será un bo punto de encontro entre profesionais nun ambiente distendido e que servirá para fomentar a convivencia entre os enxeñeiros galegos das distintas enxeñerías.

foto torneo Golf CGES 2018 Meis_opt.jpg