Participar na enquisa sobre o estudo socio-profesional do Enxeñeiro de Telecomunicación ten premio!

A realización da enquisa sobre o estudo socio-profesional do Enxeñeiro de Telecomunicación supón menos de 15 minutos e ademais ten premio. Entre os participantes realizarase o sorteo de dúas pulseiras Fitbit Alta HR, e entre os enxeñeiros de telecomunicación que accedan á mesma e non estean colexiados, sortearase un ano de colexiación gratuíta.

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación realiza esta nova edición do estudo socio-profesional sobre o estado do mercado laboral dos Enxeñeiros de Telecomunicación e os estudantes do Máster Universitario en Enxeñería de Telecomunicación. A achega dos enxeñeiros de telecomunicación galegos é fundamental para poder debuxar con precisión o mapa da profesión en España. Esta nova versión do estudo ofrecerá unha visión actualizada sobre a situación do mercado profesional do Enxeñeiro de Telecomunicación en todas as súas dimensións (educación, posición profesional, sectores de desenvolvemento de actividade, categorías profesionais, nivel salarial, carreira profesional etc.).

As respostas serán tratadas de forma anónima e agregada, e utilizaranse só para os fins indicados.

Anímate a participar e accede á enquisa neste enlace

enquisa telecos.jpg