Patrocinio Noite Galega Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2019

Dende o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia iniciamos os preparativos da XXIV Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información para o próximo ano 2019, na que multitude de empresas participan como patrocinadoras do evento. A Noite Galega é un importante encontro de networking no que están presentes destacadas entidades e empresas do sector TIC, ademais da correspondente representación a nivel institucional e do colectivo de colexiados e asociados. As contraprestacións do patrocinio que tamén pode descargar na seguinte ligazón Patrocinio Noite Galega 2019 son as seguintes:

  • Inserción do logotipo da empresa ou entidade patrocinadora na imaxe corporativa do evento.
  • 4 invitacións (2 en mesas preferentes) para asistir ao evento cun trato singularizado dos representantes da empresa ou entidade patrocinadora.
  • O correspondente impacto visual da empresa patrocinadora nos medios de comunicación con motivo da celebración do evento.
  • Publicación de artigos e logotipo da entidade nos distintos números da revista especializada A Nosa Rede que se editen ata a nova edición do evento.
  • Inclusión do logotipo do patrocinador na páxina web da AETG, desde a confirmación de patrocinio ata a próxima edición do evento.
  • Invitación para todos os actos que organice a AETG para os seus mecenas durante o período de duración do patrocinio.


Destacamos a entrega dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2019 do Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia como acto principal da cerimonia, nos que as entidades poden tamén participar como patrocinadoras. Para máis información sobre o patrocinio dos premios deberase contactar co departamento de comunicación do COETG/AETG.


A modo ilustrativo, pode visualizar as crónicas de edicións anteriores do evento na seguinte ligazón: Noite Galega Telecomunicacións e da Sociedade da Información

Máis información e confirmación de patrocinio:
Ana Becerra
Departamento de comunicación COETG/AETG
Teléfono: 981 919 300
Mail: comunicacion@aetg.gal