Patronicio XXII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información - 29 de setembro de 2017

Información de interese sobre o patrocinio da Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2017

O próximo 29 de setembro de 2017 celebraremos a XXII edición da Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, que este ano estará dedicada á Ciberseguridade, temática de vixente actualidade.

A Noite Galega é o evento de referencia do sector TIC en Galicia e este ano celebrarémolo dunha forma máis especial se cabe, posto que conmemoramos o 50 aniversario da creación do Colexio e os 25 anos de creación da nosa Asociación. Por este motivo contaremos con importantes novidades das cales lles iremos informando. Destacamos tamén a cerimonia de entrega dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información que constitúe un dos fitos principais do acto.

Dende o COETG e a AETG é a nosa intención facer partícipes neste foro a todas as entidades que así o desexen no cal estarán presentes, ademais das máis destacadas empresas do sector TIC, aquelas directamente relacionadas coa Ciberseguridade e, como xa é costume, a máxima representación institucional do sector das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.

Participar neste encontro como patrocinador engloba unha serie de prestacións que pode consultar no seguinte documento: Dossier informativo de patrocinio

Información de edicións anteriores da Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información

NGTSI_2017.jpg