Percorremos a Ruta da construcción naval co CGES

O venres 5 de abril membros do COETG e dos outros sete Colexios que integran o Consello Galego de Enxeñerías percorreron a Ruta da Construcción Naval en Ferrol. A ruta deu comezo coa visita ao arsenal do S.XVIII, para continuar ata Navantia onde os asistentes foron recibidos polo seu director, Jorge Filgueira quen lles amosou as distintas zonas e edificios que compoñen o estaleiro, sobre a maqueta das instalacións, realizando tamén un breve percorrido histórico das distintas etapas do mesmo. O percorrido rematou coa visita ao museo da construcción Naval (EXPONAV).

navantiacges.jpeg