Presentación

A Oficina do Colexiado é un servizo integral e exclusivo do Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia dirixido a todos os colexiados e asociados. Estrutúrase en varios apartados que inclúen contidos que van dende a formación e a orientación profesional ou a bolsa de emprego ata diferentes servizos relacionados co lecer.

Esta oficina virtual nace coa vocación de dar cobertura a todas as necesidades que lles van xurdindo ós enxeñeiros de telecomunicación ó longo da súa carreira profesional desde a súa etapa formativa, incluíndo aspectos tan diversos como a formación continua “a medida”, as subvencións ás que poden optar ou o acceso a descontos en hoteis e servizos conexos xa sexan por negocios ou por vacacións.

Plan de Emprego Activo
Formación
Concursos, Axudas e Premios
Convenios e Ofertas
Asesorías
Biblioteca
Enlaces de Interese