Presentamos a través do CGES as ‘Medidas desde a Enxeñería para o Desenvolvemento de Galicia’. Venres 22 de marzo

O Consello Galego de Enxeñerías (CGES), do que forma parte o COETG, presentará as ‘Medidas desde a Enxeñería para o Desenvolvemento de Galicia’ o vindeiro venres 22 de marzo ás 9.30 horas na sede de AFundación na cidade da Coruña nun acto que contará coa participación do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Medidas desde a Enxeñería para o Desenvolvemento de Galicia’ é un documento que recolle 107 medidas agrupadas en 20 áreas temáticas e xorde, segundo palabras do presidente do CGES, Oriol Sarmiento Díez “da visión que ten cada Enxeñería agrupada no CGES acerca das cuestións de importancia para o desenvolvemento e mellora da nosa contorna a nivel rexional pero desde un prisma global. Por iso, condensamos ese catálogo de intereses, prioridades e oportunidades en 20 temáticas e máis de 100 medidas que buscan un futuro mellor, seguro e viable”.

Para asistir é imprescindible cubrir o seguinte formulario de inscrición antes das 15:00 horas do vindeiro 21 de marzo:


Inscrición Acto Presentación Medidas

Ademais dos nosos colexiados interesados, poderán acudir todas as persoas colexiadas nos outros sete colexios profesionais que integran o CGES: o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste de España, o Colexio de Enxeñeiros ICAI, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos de Galicia e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Montes de Galicia.

Invitación

invitacion.jpg