Presentamos ao presidente da Xunta as "Medidas desde la Ingeniería para el desarrollo de Galicia" xunto co resto de Colexios Oficiais do CGES

Os Colexios Oficiais que conformamos o Consello Galego de Enxeñerías (Enxeñeiros Agrónomos, Caminos, ICAI, Industriais, Minas, Montes, Navais e de Telecomunicación) reunímonos co Presidente da Xunta de Galicia para presentarlle o documento "Medidas desde la Ingeniería para el desarrollo de Galicia" no que se recolle a visión que ten cada unha das Enxeñerías agrupadas no CGES acerca das cuestións de importancia para o desenvolvemento e mellora de Galicia. Corresponde a un catálogo de intereses, prioridades e oportunidades recollidas en 20 temáticas e máis de 100 medidas. A reunión tivo lugar no despacho do presidente da Xunta en San Caetano, á que tamén asistiu a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez e por suposto os decanos dos oito colexios integrados no CGES.

Dz9aZ_EWwAAlXhh.jpg