Programa Aliados Dixitais: Impartimos as xornadas sobre Uso seguro e responsable das TIC

Con motivo do Día da Internet Segura, dende a AETG colaboramos coa Amtega e a Rede de aulas Cemit na impartición das xornadas "Uso seguro e responsable das TIC". Terán lugar ao longo do día de hoxe nas aulas CeMIT de Pontedeume e Redondela e serán impartidas polos enxeñeiros de telecomunicación que forman parte do programa de Aliados Dixitais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 no que a AETG está presente en calidade de Aliado Dixital. Estas charlas están englobadas nunha serie de iniciativas nas que colaboran outras entidades coas que se completa o programa ao longo de toda a xeografía galega.

As actividades programadas con motivo do Día de Internet Segura teñen como obxectivo principal apoiar a creación dunha internet máis segura e mellor, para convertela nun espazo no que todos fagamos uso da tecnoloxía de modo máis responsable, respectuoso, crítico e creativo.

Máis información

banner_sid2019_0.2.png