Sesión formativa "Errores a evitar en la gestión de nuestro patrimonio"

De interese para colexiad@s

Dende o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación, en colaboración coa empresa Alpha Plus, convidámoste a participar na sesión formativa na que se analizarán que erros debemos evitar á hora de xestionar o noso patrimonio. Xeralmente adóitase cometer o erro de crer que non se necesita un asesoramento especializado. En realidade, é máis que conveniente coñecer de primeira man cal é o nivel de risco que estamos dispostos a asumir á hora de investir o noso patrimonio, así como as comisións ocultas dos diversos produtos, que minguan a rendibilidade dos nosos investimentos, e as medidas fiscais que poden xogar ao noso favor.

Nesta xornada, que terá lugar o xoves día 30 de novembro ás 18.30 horas, veremos exemplos reais da diferenza entre planificar adecuadamente o noso patrimonio ou facelo desde o descoñecemento. Analizaremos os perigos do escenario actual de mercados e coñeceremos os erros que hai que evitar cometer.

Para inscribirse ou ampliar información contactar telefónicamente no 981.919.300 ou no mail comunicacion@aetg.gal. As prazas son limitadas.

alphaplus santalucia.png