Taller informativo sobre a convocatoria de prazas para o Corpo Superior de Sistemas e Tecnoloxías da Información da Administración do Estado

De interese e reservado só para colexiados

Con motivo da publicación o sábado 30 de marzo da resolución do Ministerio de Política Territorial e Función Pública, pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no Corpo Superior de Sistemas e Tecnoloxías da Información da Administración do Estado, terá lugar un taller informativo o vindeiro 9 de abril na Real Academia de Ingeniería en Madrid (Rúa de Don Pedro, 10). Durante o mesmo, os colexiados asistentes poderán formular as súas dúbidas, inquietudes e outras cuestións que teñan en relación ás oposicións, aos requisitos para acceder e á preparación necesaria.

Inscrición ao taller presencialmente en Madrid

Asistencia por streaming. Deberase acceder con usuario e contrasinal persoais de colexiado. De ter problemas, contacte con administracion@coetg.gal

As prazas ofertadas son un total de 105; 80 de ingreso libre e 25 en promoción interna. Consideramos unha importante oportunidade para os Enxeñeiros de Telecomunicación, polo que vos animamos a participar.

O taller será impartido por Ana Porras del Río, Enxeñeira de Telecomunicación e Xefe de Servizo na División de Tecnoloxía da Información do Ministerio de Política Territorial e Función Pública, que contará a súa experiencia.

Convocatoria. BOE 30 de marzo de 2019

taller.jpg