Visítanos no XVIII Foro Tecnolóxico de Emprego

O vindeiro 7 de marzo arranca unha nova edición do Foro Tecnolóxico de Emprego no que, un ano máis, participa o Colexio Oficial e Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia. O Foro, que celebra a súa XVIII edición, terá lugar ata o venres ás 13 horas nas escolas enxeñería de telecomunicación, industriais e minas da Universidade de Vigo.

Durante o foro estaremos presentes cun stand expositivo para ofrecer aos visitantes que se acheguen información sobre funcións e servizos que ofrecen o COETG e a AETG aos enxeñeiros de telecomunicación.

Achégache ao Foro e visítanos!!

forotecnoloxico.png