Xa está en marcha a XXIII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2018

Boletín de inscrición para Asociad@s e Colexiad@s

Programa NGTSI 2018

Un ano máis celebramos a nosa tradicional xuntanza anual, que este ano leva por lema "Os telec@s cara á enxeñería do coñecemento" e na que imos poñer especial énfase no desenvolvemento do BIG DATA como oportunidade laboral para o noso colectivo.

No marco do noso compromiso de darlle un carácter itinerante ao evento, este ano decidimos celebrar a Noite o vindeiro 1 de xuño en Vigo no Hotel Pazo Los Escudos.

Un ano máis, a Noite terá como obxecto por en valor a nosa actividade profesional. No marco do evento, entregaranse novamente os Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.

Animamos a asociad@s e colexiad@s a compartir con nós este día!

As inscricións deben cursarse a través do seguinte enlace: Boletín de inscrición para Asociad@s e Colexiad@s.
O prazo remata o día 24 de maio. As solicitudes atenderanse seguindo as instrucións especificadas no boletín.

Programa Web Noche Telecomunicaciones.jpg

TeaserNGTSI18