Xa podes inscribirte para asistir ao Congreso de Edificios Inteligentes IoT

O vindeiro día 25 de outubro terá lugar en Madrid o congreso organizado polo Colexio "Telecomunicaciones en edificios inteligentes”, bajo o lema: IoT, El internet de las cosas, ‘Congress on Telecommunications in Smart Buildings’.
Durante unha xornada abordarase a temática da conexión do edificio como un ente mais da cidade. A implantación dos nodos IoT nos edificios, suporán un cambio importante no referente ao concepto do propio edificio como obxeto interno da cidade intelixente, receptor e xerador de información útil para a súa xestión, así como para a xestión da Smart City.

Abordarase tamén a introducción do 5G nos edificios, as comunicacións sen fíos nos mesmos, as infraestrutura que o soportan, a protección de datos, etc. e todo dende a visión de fabricantes, catedráticos expertos na materia, operadores, instaladores, arquitectos e enxeñeiros de telecomunicación. O Congreso ábrese a un amplo abano de sectores, destacando pola súa especial incidencia os sectores da arquitectura e a enxeñaría.

Máis Información
Inscríbete

image004.png