XIV Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2009

foto_2009.jpg

Este ano a XIV Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, que xirou baixo o lema Televisión Dixital, un avance tecnolóxico e social, tivo lugar no Gran Hotel da Toxa e contou coa participación de preto de 350 profesionais do sector das telecomunicacións e da sociedade da información entre os que se encontraban unha grande representación dos nosos asociados e colexiados, importantes representantes das principais empresas do sector TIC e destacables personalidades da administración Galega. Esta edición, foi presidida polo xefe do Executivo galego, D. Alberto Núñez Feijóo. Contouse tamén coa presenza destacada de Dna. Mar Pereira Álvarez, secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e de D. Alfonso Cabaleiro Durán, secretario xeral de Medios.

Programa do acto (PDF, 127 KB)

O acto abriuse coa recepción de persoalidades e invitados por parte dos membros que conforman as Xuntas de Goberno e Directiva do COETG/AETG, presidida por D. Ramón Bermúdez de Castro Olavide como decano/presidente.

De seguido, e como mostra da especial adicación que este ano a gala fai televisión dixital, pudose asistir a un acto previo sobre a “Televisión Dixital, un avance tecnolóxico e social”, nun intento por parte do COETG e da AETG de concienciar e facer partícipe a sociedade da importancia do tránsito do apagón analóxico ao prendido dixital. Presentación que culminou nunha proxección audiovisual da Agencia Estatal de Radiocomunicaciones.

No marco da Noite, o COETG/AETG fixo entrega dos seus tradicionais Premios Galicia das Telecomunicacións e da sociedade da Información 2009. Nesta ocasión, o presidente de Denodo Tecnologhie, D. Ángel Viña Castiñeiras, recibiu a distinción Enxeñeiro do Ano 2009, pola súa decisiva laboura na implantación da Demarcación Territorial do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación en Galicia, a súa dedicación como primeiro decano do mesmo e a súa ampla traxectoria profesional como catedrático na Universidade da Coruña e como empresario do sector TIC galego con proxección internacional.

O presidente de AETIC-GALICIA, D. Rafael Valcarce Baiget, pasa a engrosar neste ano a lista dos Socios de Honra, da AETG, distinción que premia as personalidades destacadas no apoio e na promoción do sector TIC en Galicia. As Xuntas Directivas da AETG e do COETG valoraron como razóns determinantes deste recoñecemento o seu liderado en canto ao compromiso que mantén co desenvolvemento industrial das ETIC en Galicia, a súa aposta por un sector galego ETIC forte e unido e pola súa ampla traxectoria profesional e o seu labor e esforzo ao fronte da empresa Arteixo Telecom.

O Premio ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais, que recoñece aqueles proxectos ou traxectorias das telecomunicacións que lle aporten beneficios á sociedade en xeral, concedéuselle nesta ocasión ao Sistema de navegación por Internet coa Voz, deseñado por José Antonio Vidal Sampedro, aplicación que facilita ás persoas con mobilidade reducida o manexo e acceso ás novas tecnoloxías.

O Premio á Mellor Aplicación TIC, que recoñece as aplicacións das novas tecnoloxías aos sistemas de operatividade empresarial e industrial, foi este ano para a empresa Sound Of Numbers, polo seu proxecto SONarchitec, un avanzado software que permite o cálculo de aillamento acústico nos edificios.

O Premio Ingeniero Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial TIC, patrocinado pola Fundación homónima, correspondeulle á empresa Desarrollo Digital Galicia, polo proxecto www.mariscodigital.com e www.videopedido.com, unha iniciativa que premia a aplicación das novas tecnoloxías a sectores tradicionais da nosa economía e o carácter emprendedor e innovador do proxecto.

A entrega de premios e distincións rematou coa concesión do Premio Gradiant á Mellor Tese Doutoral Aplicada ao Sector TIC a D. Daniel González Jiménez, polo seu traballo “Improvements in Pose Invariance and Local Description for Gabor-based 2D Face Recognition”, valorando como razón determinante desta distinción a calidade técnica do traballo relacionado coa implantación dos sistemas de recoñecemento facial biométrico en contornos realistas, as súas aplicacións prácticas e o uso da tecnoloxía na industria e da transferencia de coñecemento ao sector das TIC.

Finalizada a entrega de premios a clausura do acto correu a cargo do presidente da Xunta de Galicia, D. Alberto Núñez Feijóo, previa intervención do decano/presidente do Colexio/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, D. Ramón Bermúdez de Castro Olavide, quen manifestou o seu compromiso de sumar forzas coa Xunta para lograr o emprazamento en Galicia da Axencia Estatal de Radiocomunicacións e aludiu á televisión dixital como a nova forma de entender a televisión e avogou pola aposta do sector ETIC para conseguir unha economía produtiva e xerar postos de traballo de alta cualificación.

Os nosos patrocinadores:


Xunta de Galicia Ministerio de Industria, Turismo y Comercio Plan Avanza FEDER
Abertis Telecom Arteixo Telecom Caixa Galicia Cisco CRTVG Egatel Gradiant Grupo Vitelsa IBM Imatia innovación Impulsa TDT Ineo Fundación Ingeniero Gerardo García Campos Microsoft Oracle Orange R Retegal Satec SES-Astra Telefónica Televés Tredess Ufinet Vodafone


Novas publicadas na prensa sobre a XIV Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información

XIV Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2009