XXIII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información - 1 xuño de 2018

O vindeiro día 1 de xuño de 2018 terá lugar a XXIII edición da Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, na que como cada ano celebrarase a entrega dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, un dos principais fitos do acto. Dende o COETG e a AETG queremos facer partícipes neste foro a todas as empresas interesadas no patrocinio do evento, no cal estarán presentes as máis destacadas entidades e empresas do sector TIC.

Información sobre o patrocinio


OUTROS PATROCINIOS:
Paralelamente estamos a organizar unha nova edición dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información que se entregarán durante a gala. Se algunga empresa estivese interesada en patrocinar algún deles cunha achega económica a maiores do patrocinio anteriormente citado -o cal suporía unha maior visibilidade da empresa durante a celebración do evento-, contacte connosco no teléfono 981919300 ou no mail comunicacion@aetg.gal.

Crónicas do evento en anteriores edicións

TeaserNGTSI18