Hemeroteca

De interese para asociad@s/colexiad@s

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica contará co Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, entre outras entidades do sector TIC, na elaboración do anteproxecto de Lei de Impulso e ordenación das Infraestruturas de Telecomunicacións de Galicia.

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG), convoca o premio Gradiant á Mellor Tese Doutoral Aplicada no sector das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC), patrocinado por GRADIANT (Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia). O Premio entregarase no marco da XVI Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, punto de encontro dos profesionais e das empresas do sector das Telecomunicacións, que terá lugar o vindeiro venres 21 de outubro no Gran Hotel de A Toxa, Pontevedra.

O CIT 2011, que este ano se celebra en Burgos, está dirixido aos enxeñeiros de telecomunicación colexiados que queiran compartir as súas experiencias e achegar ideas para o desenvolvemento profesional e do sector das telecomunicacións, contando coa presenza de destacados persoeiros dos ámbitos institucionais e empresariais. Baixo o título “Telecomunicacións para Cidades Intelixentes”, centrarase nun dos eidos con máis futuro da nosa profesión, como é o das cidades e os servizos municipais.

Consulta os prezos especiais para colexiados.

cit2011_logo_trans.png

Xa está aberto o prazo de presentación de candidaturas para o premio á Mellor Iniciativa Empresarial no sector TIC que cada ano convocan o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, patrocinado pola Fundación Ingeniero Gerardo García Campos e que forma parte dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.

cartel_pggc_2011.png

Convocada a segunda edición do Premio á Mellor Aplicación TIC 2011

O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) convocan a segunda edición do Premio INEO á Mellor Aplicación TIC 2011 en colaboración coa Asociación Multisectorial de Nuevas Tecnologías de la Información y la Comunicación (INEO) e que forma parte dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.Con este Premio, de carácter honorífico, preténdese recoñecer ás empresas que estean a contribuír ao impulso do sector galego de TIC e a dinamización da sociedade da información e o coñecemento en Galicia.O Premio entregaráse no trascurso da XVI Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información que terá lugar o venres 21 de outubro na Toxa.O prazo de presentación de memorias remata o vindeiro 19 de setembro ás 14:00 horas. Para máis información consulta as bases da convocatoria e o anexo de solicitude de participación:Solicitude de participación (Word)
Bases premio INEO (PDF)
Data noticia: 27-07-2011

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia premia a Mellor Tese Doutoral aplicada no sector das TIC

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG), convoca o premio Gradiant á Mellor Tese Doutoral Aplicada no sector das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC), patrocinado por GRADIANT (Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia). O Premio entregarase no marco da XVI Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, punto de encontro dos profesionais e das empresas do sector das Telecomunicacións, que terá lugar o vindeiro venres 21 de outubro no Gran Hotel de A Toxa, Pontevedra.Data noticia: 22-07-2011

O COETG visita a Cidade da Cultura

O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia organizaron unha visita moi especial a unha das obras de enxeñería más senlleiras da nosa comunidade: a Cidade da Cultura.
\O

Grazas a Carlos Pedreira, membro do COETG, os enxeñeiros de telecomunicación e as súas familias e amizades puideron facer un percorrido non so polo recinto en si, senón tamén polas distintas instalacións técnicas de acceso normalmente restrinxido ó público en xeral, amenizado polas explicacións dun dos enxeñeiros participantes no proxecto.
Data noticia: 21-07-2011

O COETG e a AETG convocan unha nova edición do premio Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial no sector TIC 2011

Xa está aberto o prazo de presentación de candidaturas para o premio á Mellor Iniciativa Empresarial no sector TIC que cada ano convocan o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, patrocinado pola Fundación Ingeniero Gerardo García Campos e que forma parte dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.Coa concesión deste Premio, dotado con 6.000 euros, preténdese dar un impulso económico e social a aquelas empresas que están empezando a súa andaina ao concederse a un proxecto empresarial emerxente no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións. O prazo de presentación de candidaturas para o premio, que se entregará durante a celebración da XVI Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, está aberto ata o vindeiro 19 de setembro ás 14:00 horas.Bases da convocatoria
Data noticia: 18-07-2011


O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia organizan un percorrido polas distintas instalacións dunha das obras de enxeñería más senlleiras da nosa comunidade: a Cidade da Cultura. A visita terá lugar o mércores 20 de xullo ás 17:30 horas.

Durante o tour poderán verse as exposicións: "A Cidade", sobre o deseño e construción da Cidade da Cultura de Galicia, "Typewriter", unha mostra de máquinas de escribir antiguas e "Miquel Navarro: figuras para a batalla", esculturas.

Cidade da Cultura
Distribuir contido