Novas sectoriais

O Plan de Acción 2017 da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), establece 40 programas, dotados con preto de 83 millóns de euros para consolidar unha administración intelixente e eficiente, dixitalizar os sectores económicos chave de Galicia, impulsar o sector TIC e estender redes ultrarrápidas na Comunidade.

Fonte: amtega.xunta.gal

Tras o éxito do Programa “AceleraTIC, pensa en futuro, actúa en dixital”, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha, en colaboración coa Escola de Negocios Afundación, o Programa AceleraTIC+, que se presentará o vindeiro 4 de abril na Cidade da Cultura nunha xornada que leva por título “Como o ecosistema dixital transforma os modelos de negocio?” (https://cdtic.xunta.gal/aceleraticp).

Fonte: amtega.xunta.gal

Enxeñeiro de Telecomunicacións pola Universidade Politécnica de Madrid e Master en Mercadotecnia e Xestión Comercial por ESIC, Pablo Ledesma (Madrid, 1969) comezou a súa carreira profesional en 1992 como bolseiro en Telefónica e desde marzo de 2016 é responsable do negocio en España de Tuenti. Esta filial de Telefónica, que antes foi rede social, ofrece só servizos móbiles cunha estratexia orientada a fomentar a participación dos clientes na construción do operador. No conxunto do país conta xa con 255.000 clientes, 6.500 deles en Asturias, e o ano pasado facturou máis de 28 millóns de euros.

Fonte: elcomercio.es

Cambio de relevancia nas relacións laborais e a cultura empresarial en Orange España. A operadora alcanzou un acordo para a implantación dun novo plan, que supón a incorporación a gran escala do teletrabajo no conxunto do persoal.

Fonte: cincodias.com

A Universidade de Vigo xerou en 2016 un total de 28 solicitudes de patentes: 15 nacionais, sete con extensión internacional PCT (que se rexen polo Tratado de Cooperación en Materia de Patentes e que permiten realizar unha única solicitude que é válida en diferentes países), tres patentes europeas (EPO) e outras tres solicitudes internacionais con países como Estados Unidos. A cifra sitúase por encima dos resultados acadados en 2009 e 2014, con 27 solicitudes respectivamente, e que, ata o de agora, marcaban as mellores cifras acadadas pola institución viguesa no que a valorización e comercialización dos resultados de investigación se refire. Detrás destes números aparecen o nome de máis de medio cento de investigadoras e investigadores, inventores de diferentes tecnoloxías desenvoltas nos laboratorios universitarios e que, a falta de maduralas e validalas, buscarán converterse en produtos e servizos que cheguen á cidadanía.

Fonte: duvi.uvigo.es

A iniciativa Camp Tecnolóxico, un programa itinerante de campamentos-obradoiros tecnolóxicos para nenas e nenos de entre 4 e 17 anos, vai abranguer novamente a nosa terra (logo das experiencias previas en Vigo e Nigrán) nas súas xeiras de divulgación e traballo colaborativo arredor da robótica educativa, a programación, os videoxogos, os drons ou as impresoras 3D. Os campamentos levaranse a cabo durante a Semana Santa en Madrid, Barcelona, Pamplona-Iruña, Euskadi e, como dixemos, Galicia.

Fonte: codigocero.com

A directora da AMTEGA, Mar Pereira, na apertura do II Encontro de Cooperación para o Desenvolvemento da Administración electrónica, que foi inaugurado polo secretario xeral de Administración Dixital do Ministerio de Facenda e Función Pública, Domingo Molina, avanzou que a Xunta de Galicia asinará coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) un convenio de colaboración para facilitar ás entidades locais a implantación da Administración electrónica. O acordo pon á disposición dos concellos unha carteira inicial de ferramentas como as notificacións electrónicas, a acreditación dixital, a Plataforma de Interoperabilidade, ou a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, que se irán ampliando de xeito progresivo.

Fonte: codigocero.com

O Congreso anual organizado pola Asociación @asLAN reuniu a 5.531 profesionais no Palacio Municipal de Congresos de Madrid, superando as expectativas de asistencia previstas e consolidando a liña de crecemento de dobre díxito do catro últimas edicións.

Fonte: redestelecom.es

A Fundación TIC (Deputación de Lugo) quere subir novos chanzos no seu obxectivo de ser, amais dunha fonte de coñecemento e formación tecnolóxico-audiovisual, un fervedoiro de actividades sociais e solidarias. Nesta liña insírese o acordo asinado este xoves coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC) e que ten a finalidade de colaborar para difundir na provincia campañas de sensibilización e concienciación na loita contra a devandita doenza. Na formalización do acordo participaron o patrón da TIC e deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, e a presidenta da AECC de Lugo, Mariluz Abelleira. Segundo fixo saber Santos, boa parte deste labor de comunicación e visualización levarase a cabo nas redes sociais, achegando todo tipo de contidos dixitais.

Fonte: codigocero.com

A Universidade da Coruña vai reforzar os seus instrumentos para favorecer que abrollen dos seus campus máis e mellores iniciativas innovadoras. Así o deu a coñecer hoxe mesmo o reitor, Julio Abalde, no Paraninfo da Reitoría, perante decanas/os, directoras/es de centros, coordinadora/es de grupos de investigación e de centros tecnolóxicos e profesorado universitario. No acto, máis en detalle, presentáronse os novos campus especializados da Universidade. Segundo fixeron saber o reitor e máis o vicerreitor de Economía, Domingo Calvo, os campus da UDC estarán centrados en dúas grandes áreas: a innovación e o sostíbel. A primeira estará representada por Campus Innova e a segunda por Campus da Sustentabilidade.

Fonte: codigocero.com

Distribuir contido