Guía do asesor de telecomunicacións

Dende o ano 99, coa implantación e asentamento das actividades reguladas, creceu notablemente a actividade do Enxeñeiro de Telecomunicación na súa faceta de facultativo competente, ben como profesional autónomo ou creando pequenas empresas de servizos de Telecomunicación. Nos últimos tempos estas empresas empezan a despuntar como axentes para a innovación tecnolóxica en todos os sectores económicos, acercando o asesoramento en TICs a entornas tan pouco permeables ás tecnoloxías como as pemes.

A presente guía pretende dar unha visión sobre as oportunidades de negocio que poden existir para o que se denominou ECITs (empresas/equipos con coñecemento intensivo en tecnoloxías) no ámbito da asesoría tecnolóxica a Pemes.
Descargar

Desenvolvemento da Actividade por conta propia

Descargar

Distribuir contido