¿Qué fai un enxeñeiro de telecomunicación?

Segundo A RAE, unha enxeñaría é o "estudo e aplicación, por especialistas, das diversas ramas da tecnoloxía" e telecomunicación é un "sistema de comunicación telegráfica, telefónica ou radiotelegráfica e demais análogos. Do anterior deduciríase que a enxeñaría de telecomunicacións se limita o estudo e aplicación das diversas ramas da tecnoloxía relacionadas cos sistemas de comunicación. Se engadimos a definición de tecnoloxía á ecuación: "conxunto de teorías e de técnicas que permiten o aproveitamento práctico do coñecemento científico", teriamos que un enxeñeiro é un especialista que aplica unha serie de técnicas para lograr unha utilidade.

Estas técnicas van dende as matemáticas ata as físicas, pasando pola electrónica ou a informática e son comúns a todas as ramas da enxeñaría. Con respecto a esta última, hai que aclarar que antes de que existise a recente carreira de informática eran os enxeñeiros os que desenvolvían tanto os compoñentes e equipos de hardware como os entornos e aplicacións necesarios para o seu funcionamento, xa fosen estes para teléfonos móbiles ou maquinaria industrial como para un ordenador persoal, e o seguen a facer, a pesar da crenza moi extendida de que un enxeñeiro de telecomunicacións se dedica única e exclusivamente ó deseño e instalación de redes. Estes profesionais reciben unha formación integral e multidisciplinar que abrangue todo tipo de saberes, polo que non é infrecuente que un enxeñeiro de telecomunicacións acabe adicándose á aeronáutica, a electrónica ou calquera outra especialidade en función de como evolucione a súa carreira laboral, xa que está capacitado para elo.

Por último, e dado que nas sociedades desenvolvidas e dixitalizadas a tecnoloxía está presente en practicamente calquera ámbito que poidamos imaxinar, non é difícil deducir a importancia da profesión de enxeñeiro de telecomunicación, menos aínda no actual ámbito da Sociedade da Información.

Distribuir contido