Oficina do colexiado

A Oficina do Colexiado é un servizo integral e exclusivo do Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia dirixido a todos os colexiados e asociados. Estrutúrase en varios apartados que inclúen contidos que van dende a Formación e a Orientación Profesional ou a Bolsa de Emprego ata diferentes servizos relacionados co Lecer.

Plan de Emprego Activo

Conscientes da delicada situación actual do mercado laboral, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación Galicia pon ao servizo dos enxeñeiros colexiados, unha plataforma encamiñada á procura de traballo por conta allea dun xeito personalizado.

Dirixido á totalidade dos interesados, pero en especial aos demandantes do primeiro emprego e aos que buscan unha mellora profesional, créase o Plan de emprego activo, un xestor que realiza a busca de traballo nas empresas para ofertalas posteriormente ó colectivo. Para que esta busca resulte efectiva, é necesario que os colexiados aporten o seu perfil de demandante, co fin de seren avisados das oportunidades que se axusten aos seus propósitos.

Nesta sección iremos incorporando información sobre os acordos e convenios que se vaian asinando e que permitan acceder a condicións vantaxosas relativas a productos de ocio e cultura.

Nesta sección iremos incorporando información sobre os acordos e convenios que se vaian asinando e que permitan acceder a condicións vantaxosas relativas a productos financeiros e de consumo.

Nesta sección iremos incorporando información sobre os acordos e convenios que se vaian asinando e que permitan acceder a condicións vantaxosas relativas a productos de seguros e coberturas.

A Oficina do Colexiado é un servizo integral e exclusivo do Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia dirixido a todos os colexiados e asociados. Estrutúrase en varios apartados que inclúen contidos que van dende a formación e a orientación profesional ou a bolsa de emprego ata diferentes servizos relacionados co lecer.

Distribuir contido