Conscientes da delicada situación actual do mercado laboral, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación Galicia pon ao servizo dos enxeñeiros colexiados, unha plataforma encamiñada á procura de traballo por conta allea dun xeito personalizado.
Dirixido á totalidade dos interesados, pero en especial aos demandantes do primeiro emprego e aos que buscan unha mellora profesional, créase o Plan de emprego activo, un xestor que realiza a busca de traballo nas empresas para ofertalas posteriormente ó colectivo. Para que esta busca resulte efectiva, é necesario que os colexiados aporten o seu perfil de demandante, co fin de seren avisados das oportunidades que se axusten aos seus propósitos.
Para asociados/colexiados:
Os asociados e colexiados poden enviar as súas solicitudes a ofertas concretas premendo na oferta e empregando o formulario asociado á mesma.
Os asociados e colexiados interesados en apuntarse ao plan de emprego activo de xeito xenérico co fin de seren avisados das oportunidades que se axusten aos seus propósitos, poden premer no seguinte enlace.
Para empresas:
As empresas e organizacións poden enviarnos a súas ofertas de traballo premendo no enlace ou contactando directamente co noso responsable na xestión de emprego no 986 465 234.