Asesorías

A Asesoría encóntrase ao servizo dos colexiados para atender, de forma gratuíta, as súas consultas técnicas, xurídicas e fiscais, tanto particulares coma as derivadas do Exercicio Libre da Profesión.

As consultas técnicas atenderanse por correo electrónico na dirección svc@coetg.gal ou telefonicamente no 981 919 300. O horario de atención é de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.

As consultas xurídicas e fiscais atenderanse por correo electrónico na dirección asesorcoit@coit.es ou telefonicamente de martes a xoves de 16:00 a 19:00 horas, previa petición de cita no 913 911 066.

Se precisas no período de vacacións, de forma urxente, os servizos Xurídicos, podes poñerte en contacto co noso Asesor chamando ao teléfono 913 091 504, en horario de mañá de 9:00 a 13:00 horas.

Formulario para consultas técnicas ao COETG