Noticias

 

De interese para colexiados e asociados

O vindeiro día 22 de xullo celebrarase a xornada técnica “A conectividade nos cascos históricos”, que terá lugar a partir das 10:30 horas, no Auditorio do Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela (Praza das Praterías, 2), dutante a que se presentará o Catálogo de solucións para actuacións de tendido da rede de fibra óptica en contornas urbanas de especial protección e conxuntos históricos de Galicia. Ademais, diversos expertos analizarán a situación actual dos despregues de fibra óptica e o estado dos servizos de telecomunicacións nos cascos históricos.

cascos historicos.jpg

De interese para asociados

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia asinou un convenio co Banco Sabadell co obxectivo ofrecer aos asociados unha serie de vantaxes en productos bancarios pensados especificamente para profesionais. Coa idea de promover o traballo dos asociados, protexer os seus intereses e valores profesionais, asinouse este acordo a través do cal as persoas interesadas poderán solicitar orientación personalizada cun xestor que lles axudará a atopar a mellor solución ás súas necesidades.

firma convenio.jpeg

Ata o vindeiro 14 de xullo está aberto o prazo de matrícula para asistir ao curso de Especialista en Tecnoloxías de quinta xeración que se impartirá na Escola de Enxeñería de Telecomunicación de Vigo e que dará comezo o 13 de setembro.

Esta actividade formativa ten como obxectivo a reciclaxe de profesionais do sector de telefonía móbil celular coas características novedosas de 5G e completar a formación de titulados de grao no ámbito da enxeñería de Telecomunicación, ou nas TIC en xeral, especializándose na 5G.

Curso5G.PNG

Xa está aberto o prazo para matricularse a calquera dos cursos que darán comezo durante o mes de xullo. Organizados polo Colexio, impartiránse en formato on line novas ediciones do “Curso de Fundamentos de ITIL® V4” e do “Curso de Introducción a las Redes de Fibra Óptica”.

Ademáis, impartirase un curso presencial (30 horas) que terá lugar en Barcelona: “Curso Oficial Preparatorio + Certificación PECB ISO / IEC 27032 Lead Cibersecurity Manager” (inclúe exáme da certificación).

image003.jpg


De interese para colexiados

A Axencia Galega de Modernización Tecnolóxica (AMTEGA) organiza os próximos 1, 2, 3 e 5 de xullo, o I Foro de Debate Profesional, no marco do proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030.

O obxectivo deste foro é impulsar o diálogo e a colaboración entre axentes públicos e privados necesaria para a identificación e resolución dos desafíos dixitais aos que se enfronta Galicia.

logo_edg2030.png

En virtude do acordo de colaboración entre o Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e APD (Asociación para el progreso de la dirección), os asociad@s/colexiad@s poden asistir de xeito gratuíto as xornadas profesionais "Empresas con alma de startup", que se celebrarán do 3 de xullo ao 5 de xullo en Santiago de Compostela. O encontro realízase en combinación coa Maker Faire Galicia, a cuarta edición da maior feira de inventores, que constitúe un escaparate para a creatividade e o deseño.

mfg2019.jpg
Distribuir contido