Noticias

 

Onte, día 25 de xuño de 2019 publicouse no BOE o real decreto aprobado en Consello de Ministros hai uns días, polo que se liberará a banda de 700 MHz do espectro radioeléctrico que actualmente ocupa a televisión dixital terrestre para deixar espazo á tecnoloxía 5G. O proceso de Segundo Dividendo Dixital deberá concluir antes do 30 de xuño de 2020, para cumprir co calendario establecido pola Unión Europea. Trala liberalización, manterase a oferta de canles existentes na actualidade, as cales terán ata o 1 de xaneiro de 2023 para evolucionar a alta definición e as comunidades de veciños afectadas polo cambio de frecuencias, disporán de subvencións para custear a adaptación dos seus sistemas de recepción colectivos.

Máis información
BOE Real Decreto 391/2019 Plan Técnico TDT

tdt.jpg

O pasado venres celebrouse o acto de graduación da promoción 2018/2019 dos Enxeñeiros de Telecomunicación da Escola de Vigo no que 51 estudantes da VI promoción do grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación e 24 da IV promoción do Máster en Enxeñaría de Telecomunicación recibiron as respectivas bandas.

grad1.jpg

Esta mañá tivo lugar no programa de divulgación da Radio Galega "Galicia por diante", un debate no que o COETG participou xunto coa Amtega e a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo, para ofrecer aos oíntes unha visión do que suporá a implantación da tecnoloxía 5G en Galicia, as vantaxes que terá para os usuarios en xeral e os requirimentos teconolóxicos e de infraestruturas necesarios para a súa utilización.

galiciaxdiante.png

De interese para colexiados

Aínda está aberto o prazo de inscrición para o curso on-line de Capacitación para el ejercicio de funciones de Delegado de Protección de Datos (DPD /DPO) que comeza o vindeiro día 17 de xuño, organizado polo Colexio. Esta acción formativa proporciona a formación sobre unha das medidas máis nova do Regulamento de Protección de Datos como é a figura do delegado de Protección de Datos (DPD) ou Data Protection Officer (DPO). Esta nova figura converterase no punto de encontro entre as unidades de negocio, os interesados e a autoridade de control cuxa tarefa principal será garantir o cumprimento das disposicións do Regulamento Xeral de Protección de Datos.

Está aberto o prazo de admisión e matrícula para asistir ao Máster en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados que en coordinación entre a Universidade de Vigo e a de Santiago de Compostela, aporta a axeitada transversalidade ao título para que sexa atractivo para un amplo abano de titulados, ademais de dar resposta ao despegue do sector en Galicia e combinar o impulso de empresas operadoras que actúan en mercados globais e empresas que desenvolven os seus propios sistemas.

Máis Información

master.jpg

Arredor de 300 persoas asistiron o pasado 24 de maio en Oleiros á XXIV Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, acto anual por excelencia do Colexio Oficial e da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia que este ano acadou a edición número 24 e serviu unha vez máis para poñer en valor o papel dos enxeñeiros de telecomunicación como axentes dinamizadores do progreso social.

Galería Fotográfica

Distribuir contido