Noticias

 

En virtude do acordo de colaboración entre o Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e APD (Asociación para el Progreso de la Dirección), os asociad@s/colexiad@s interesados poderan asistir o venres 23 de novembro á xornada Profesional 4.0 que terá lugar durante a celebración do Maker Faire Galicia que se celebrará do 23 ao 25 de novembro na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

MAKER_2.jpg

Baixo o lema: "Transformación digital y auditoría. Enfocando el futuro de la profesión" celebrouse en Santiago de Compostela a 3ª edición das Xornadas sobre Auditoría y Contabilidade en Galicia, coa participación do noso compañeiro César Mariñas, experto en Blockchain, quen realizou unha exposición sobre as implicacións deste sistema de estruturación de datos para os auditores.

cesar marinas economistas.jpg

O presidente da AETG, Julio Sánchez Agrelo e o decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Francisco X. González Sarria, asinaron onte día 14 de novembro un convenio marco de colaboración para instrumentar e regular a súa colaboración de cara ao interese común de ámbalas dúas entidades e dos seus colexiados e asociados.

O convenio contempla a realización de forma conxunta de actividades e proxectos en beneficio de ambos colectivos, entre as que se atoparían actividades formativas, eventos, publicacións, traballos de investigación ou dossieres informativos sobre temáticas de utilidade para os dous ámbitos profesionais, e calquera outra actividade de interese común que se verán materializadas a partires da sinatura dos oportunos convenios específicos.

IMG_3183web.JPG

De interese para colexiados

Aínda está aberto o prazo de inscrición para o curso on-line de Planificación, Deseño e Xestión dunha Smart City que comeza o vindeiro día 19 de novembro, organizado polo Colexio. Este curso está enmarcado dentro da oferta formativa dirixida a profesionais e empresas de distintos ámbitos das telecomunicacións así como persoal da administración con competencias relacionadas coas solucións tecnolóxicas aplicables nas ciudades. Ten como obxectivos principais, entre outros, sentar as bases de como planificar, despregar e xestionar unha Smart City con modelos prácticos, coñecer as principais tecnoloxías e saber realizar diferentes proxectos de integración de servizos con indicadores de aforro enerxético, económico, de eficiencia e sustentabilidade.

coit formacion.jpg

ATENCIÓN CAMBIO DE DATA: 17 de novembro

Por previsións climatolóxicas adversas o Campionato CGES de Golf programado para o 10 de novembro, terá lugar o vindeiro día 17 de novembro.

Cartel do torneo

Golf CGES Nova data.jpg

De interese para colexiados e estudiantes pre-colexiados

O Colexio pon a disposición dos seus colexiados e estudiantes pre-colexiados invitacións gratuitas de acceso á exposición Smart City 2018, que terá lugar na cidade de Barcelona os vindeiros días 13, 14 e 15 de novembro no recinto de Gran Vía da Feria de Barcelona.

image002.jpg
Distribuir contido