Noticias

 

Este mes de outubro ven cargado cunha ampla oferta formativa. Dende o Colexio propóñense novas edicións dos cursos on line de "Introducción a la Ciberseguridad" de "Virtualización de redes (NFV) y Redes definidas por software (SDN)", de "Introducción a las Criptomonedas y Smart Contracts" e de "Gestión de Proyectos orientado a la Certificación PMI".

Toda a información dos programas e inscrición dos cursos pódese consultar en: Información oferta formativa.

birrete.png

Baixo o título “Non tolees coa wifi” dende a AETG organizamos a través do convenio asinado coa Amtega, as xornadas para informar sobre os servizos de internet dispoñibles no mercado. Estas xornadas terán lugar durante o mes de outubro en diferentes centros CEMIT das 4 provincias galegas ás que se poderá asistir de forma presencial e serán retransmitidas tamén noutras aulas da rede CeMIT por videoconferencia. Están dirixidas aos axentes TIC, persoal municipal e incluso aos cidadáns interesados en resolver as dúbidas sobre contratación de internet.

xornadas amtega 2018_0.jpg

De interese para asociados!

Anímate a ter o teu propio dominio .gal e consígueo grazas ao convenio de colaboración que a AETG asinou coa Asociación PuntoGal.

Para máis información e condicións facer login.

logo2.png

De interese para asociados e colexiados

Como xa anunciamos antes do verán, o vindeiro 18 de outubro terá lugar en Vigo o Machine Learning Workshop Galicia 2018, con múltiples ponencias nas que participarán empresas e investigadores destacados nesta rama da Intelixencia Artificial.

Dende o COETG animamos a colexiados e asociados a asistir e participar neste interesante congreso. O prazo para a presentación de proxectos remata o vindeiro 16 de setembro polo que aínda podedes optar a que os vosos traballos sexan seleccionados polo comité evaluador e formar parte da axenda deste workshop.

wgml.png

Para este mes de setembro dende o Colexio propóñense novas edicións dos cursos on line de "Sistemas de Gestión de la Seguridad de la Información" de "Big Data", de "LTE" e sobre os cambios producidos na lexislación de Protección de Datos.

Toda a información dos programas e inscrición dos cursos pódese consultar en: Información oferta formativa.

birrete.png

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia publica unha nova edición da revista A Nosa Rede con motivo da celebración o pasado 1 de xuño da XXIII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información. O monográfico recolle unha crónica do evento con fotografías e unha serie de artigos nos que os autores dan a súa visión sobre a temática escollida este ano Big Data, @s telecos cara á enxeñería do coñecemento.

Accede á publicación A Nosa Rede especial Noite 2018 en pdf.

A Nosa Rede especial Noite 2018 en ISSUU

ANR_ngtsi18web
Distribuir contido