Noticias

 

O 25 de maio celébrase o I Foro Internacional sobre Transformación Dixital en A Coruña organizado polo Club Financiero Atlántico (CFA) no que o COETG participa como entidade colaboradora. Baixo o lema “Transformación dixital: os desafíos tecnolóxicos do século XXI”, destacados expertos na materia dende diferentes áreas participarán nunha serie de conferencias e debates ao longo da xornada, que concluirá cun xantar institucional.

Grazas ao convenio de colaboración entre o CFA e o COETG, os colexiados poden beneficiarse dos descontos nas diferentes modalidades de inscrición:

Asistencia presencial (inclúe comida): 95€ prezo para colexiados - 120€ prezo estándar
Asistencia en Streaming: 30€ prezo para colexiados - 45€ prezo estándar

I FORO DIGITAL CLUBS 2017 A CORUÑA presentacion.jpg

De interese para colexiados

O Consello Galego de Enxeñerías (CGES) do que forma parte o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia está a organizar o primeiro Campionato CGES de Golf.

Esta cita deportiva, aberta a todos os colexiados pertencentes a calquera dos oito Colexios membros do CGES, terá carácter anual e contará con catro fases diferentes, que se desenvolverán dentro da comunidade autónoma galega, non coincidindo máis de dous torneos na mesma provincia.

Campionato Golf CGES.jpg

De interese para colexiados/asociados

Xa está aberto o prazo de preinscripción e matrícula para o curso complementario de Introdución á Ciberseguridade, organizado na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo coa colaboración de diversos axentes do sector empresarial.

A docencia será presencial entre o 1 de xuño e o 20 de xullo, en horario de tarde, os xoves e venres.

WTISD2017-Poster-300px-en.gif

O 17 de maio celébrase o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información e da Sociedade da Información. Este día, promovido pola Unión Internacional das Telecomunicacións (ITU), ten por obxecto aumentar a sensibilización sobre as posibilidades que a utilización da internet e outras tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) poden ofrecer ás sociedades e economías, así como posibilidades de reducir a fenda dixital, iniciativa que compartimos dende o COETG e a AETG.

De interese para colexiados/asociados

Coa publicación do Decreto 127/2016 do 15 de setembro, polo que se regulan as infraestruturas necesarias para posibilitar as funcionalidades do fogar dixital nas vivendas de nova construción, no DOGA do pasado 18 de outubro do 2016, establécese como requisito para a concesión de licenza de obra para a construción de vivendas a presentación ante o concello do proxecto técnico de infraestrutura de soporte de fogar dixital.

O venres día 12 de maio celebrouse en Santiago de Compostela a Xunta Xeral Extraordinaria para eleccións de membros da Xunta Directiva da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia.

Trala convocatoria realizada o pasado 27 de abril conforme ao procedemento establecido nos estatutos da entidade, celebrouse esta xunta xeral extraordinaria para eleccións de membros da Xunta Directiva da AETG, na que os asociados que así o desexaron, exerceron o seu dereito ó voto. Unha vez concluído o período establecido pola xunta electoral procedeuse ó escrutinio dos votos e, á vista do resultado procedeuse á investidura como candidatura lexitimamente elixida para formar a nova Xunta Directiva da AETG, a encabezada por Julio Sánchez Agrelo.

Distribuir contido