Noticias

 

Este é o título do artigo escrito polo noso compañeiro Fernando Cendán, no que invita á reflexión sobre o potencial da intelixencia artificial e os big data publicado hai uns días na sección Mercados de La Voz de Galicia, grazas ao acordo do COETG/AETG con este medio de comunicación co que se pretende a divulgación de contidos de carácter tecnolóxico á sociedade ademáis de dar a coñecer a profesión do enxeñeiro de telecomunicación dende unha perspectiva máis cercana.

O autor invita á reflexión sobre o potencial da intelixencia artificial e os big data no mundo que nos rodea, no que se requiren de mecanismos que supervisen como toman as súas decisións os sistemas de información.

Accede á publicación ¿Puede un algoritmo ser injusto?

algoritmo_0.jpg

En virtude do acordo de colaboración entre o Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e APD (Asociación para el progreso de la dirección), os asociad@s/colexiad@s poden asistir de xeito gratuíto á xornada "IoT y Blockchain: aplicaciones reales en la empresa" que se celebrará o 17 de xaneiro en Santiago de Compostela.

block.jpg

A entidade pública Red.es, dependente do Ministerio de Economía y Empresa, abre a convocatoria do programa "Asesores Dixitais", dotada con cinco millóns de euros e destinada ás pemes. A iniciativa ten por obxecto impulsar a transformación dixital do tecido empresarial español, mediante a contratación dun asesoramento personalizado e enfocado á dixitalización de todos os procesos que integran cada negocio.

redes.png

Os días 14 e 15 de decembro celébrase na Coruña a terceira edición do Congreso Internacional sobre Blockchain CIBTC, evento multicultural que ademáis de traer á cidade innovacións tecnolóxicas sobre a materia, novos desenvolvementos e charlas de altísimo nivel académico, tamén contará cunha serie de talleres realizados por grandes expertos, que irán destinados a usuarios noveis e con gran especialización.

Grazas ao acordo acadado polo COETG coa organización do evento, os/as colexiados/as interesados/as en asistir poderán beneficiarse dun desconto na inscrición para o cal deberán acceder con claves.

cibtc.png

Nas vindeiras datas darán comezo novos cursos en formato on line organizados polo Colexio e que poden ser de interese para todos os colexiados. Algúns dos cursos na se centrará a oferta formativa durante o mes de decembro son: "BIG DATA. Estrategias de Negocio y Fundamentos de Data Science" e "Seguridad en Proyectos Hardware", "

Toda a información dos programas e inscrición dos cursos pódese consultar en : Información oferta formativa.

birrete.png

AtlanTTic e a Universidade de Vigo organizan a xornada INFO DAY "Fotónica integrada: casos prácticos y aplicaciones en la industria" que se celebra o día 5 de decembro no auditorio do Consorcio Zona Franca de Vigo.

Durante a xornada, os asistentes coñecerán de primeira man as implicacións relativas á investigación en produtos TIC e de Ciberseguridade e terán a oportunidade de networking cos ponentes invitados.

O enxeñeiro de telecomunicación, Francisco Díaz Otero, principal responsable do evento realizará a apertura e moderará o debate final no que participarán expertos e empresas participantes.

atlantic.jpg
Distribuir contido