Noticias

 

Referente ao proceso de Eleccións á Xunta de Goberno do COETG, unha vez rematado o prazo de presentación de candidaturas e reunida a Mesa Electoral de conformidade co establecido no Regulamento Particular de Funcionamento do COETG e nos Estatutos Generales do COIT, procedeuse á proclamación e investidura da única candidatura presentada como nova Xunta de Goberno Territorial do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación Galicia, en espera da súa toma de posesión.

Composición da nova Xunta de Goberno do COETG

Os vindeiros 4 e 5 de maio terá lugar en Madrid o Congreso "Telecomunicaciones y Sanidad" organizado polo Colegio Oficial de Ingenieros de Telecomunicación. Baixo a lema "Deseñando os hospitais e residencias do futuro" daranse a coñecer os últimos desenvolvementos tecnolóxicos para a integración das telecomunicacións nos edificios de ámbito sanitario e sociosanitario.

telecom y salud.jpg

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o presidente da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) asinaron o documento o cal recolle unha serie de actuacións encamiñadas a contribuír ao desenvolvemento tecnolóxico da nosa Comunidade e que se concretan en actuacións como a elaboración dunha Guía Técnica de Instalación das Infraestruturas necesarias para ofrecer servizos de Fogar Dixital, o servizo de Asesoramento a concellos sobre a normativa e solucións técnicas para o despregamento de infraestruturas de telecomunicación e as Medicións e controis sobre a calidade de banda larga en zonas de Galicia con necesidades específicas.

O día 4 de abril preséntase o "Informe sobre Radiofrecuencias y Salud 2016" na sede da Secretaría de Estado para la Sociedad de la Información y la Agenda Digital en Madrid.

Para máis información e inscrición ao evento accede ao seguinte enlace Presentación Informe sobre Radiofrecuencias y Salud 2016.

Informe radio frecuencias y salud.jpg

En virtude do acordo de colaboración entre o Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e APD (Asociación para el progreso de la dirección), os asociad@s/colexiad@s poden asistir de xeito gratuíto á xornada "O sistema de formación para o emprego: boas prácticas de xestión" que se celebrará o 4 de abril en A Coruña en quenda de tarde e o 5 de abril en Vigo en queda de mañá.

apdemprego.jpg

O martes 21 de marzo, o COETG/AETG, da man do seu vogal Javier Fernández Fraga, impartíu unha conferencia aos estudantes de primeiro curso do máster de Enxeñaría de Telecomunicación. Durante a mesma, Javier Fernández comentou a súa experiencia persoal con máis de 20 anos de traxectoria profesional como libre exercente e deu a coñecer aos futuros enxeñeiros de telecomunicación a visión do mercado laboral e panorama actual da enxeñaría de telecomunicación.

IMG_2896.JPG
Distribuir contido