Noticias

 

De interese para colexiados

Dende hai algúns meses o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia forma parte do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 promovido pola Amtega, en calidade de Aliado Dixital. Esta adhesión recolle varias liñas de actuación relacionadas cos servizos e recursos de inclusión dixital, que inclúen o desenvolvemento de actividades de formación de Capacitación Dixital e Innovación Social Dixital, a difusión e sensibilización de produtos e servizos e novas tendencias tecnolóxicas así como o deseño, liderado e desenvolvemento de proxectos e iniciativas de Inclusión Dixital.

AliadosDixitais.png

Onte tivo lugar en Vigo a Xornada sobre Protección de datos, competencia desleal e aplicación práctica no ámbito TIC organizada por Ineo coa colaboración da AETG e na que se abordou a temática da ciberseguridade nas empresas, un aspecto de gran relevancia hoxe en día e ao que as entidades son especialmente sensibles.

IMG_0132 WEB.JPG

En virtude do acordo de colaboración entre o Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e APD (Asociación para el progreso de la dirección), os asociad@s/colexiad@s poden asistir de xeito gratuíto á xornada "The New Normal. Historias detrás de la estrategia digital" que se celebrará o 25 de abril en A Coruña.

estrategia digital.jpg

O vindeiro día 20 de abril terá lugar a Xornada que a AETG organiza con carácter anual en colaboración con INEO, nesta ocasión baixo o título "Protección de datos, competencia desleal e aplicación práctica no ámbito TIC".

O sector TIC é especialmente sensible aos actos desleais. Como podemos evitalos? Como podemos protexer a información da nosa empresa? Nesta xornada, varios expertos na materia dannos as claves para poder facelo.

xornada aetg ineo.jpg

Referente ao proceso de Eleccións á Xunta de Goberno do COETG, unha vez rematado o prazo de presentación de candidaturas e reunida a Mesa Electoral de conformidade co establecido no Regulamento Particular de Funcionamento do COETG e nos Estatutos Generales do COIT, procedeuse á proclamación e investidura da única candidatura presentada como nova Xunta de Goberno Territorial do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación Galicia, en espera da súa toma de posesión.

Composición da nova Xunta de Goberno do COETG

Os vindeiros 4 e 5 de maio terá lugar en Madrid o Congreso "Telecomunicaciones y Sanidad" organizado polo Colegio Oficial de Ingenieros de Telecomunicación. Baixo a lema "Deseñando os hospitais e residencias do futuro" daranse a coñecer os últimos desenvolvementos tecnolóxicos para a integración das telecomunicacións nos edificios de ámbito sanitario e sociosanitario.

telecom y salud.jpg
Distribuir contido