Noticias

 

Xa está aberta a III Edición dos premios Vodafone Connecting for Good Galicia. A iniciativa organizada por Vodafone a través da Fundación Vodafone España e co apoio da Xunta de Galicia, ten como obxectivo conseguir que os proxectos dos emprendedores convértanse en negocios reais, e os seus produtos ou servizos despeguen con garantía de éxito.

vodafone.jpg

Onte día 10 de xuño publicouse na edición xeral de La Voz de Galicia a entrevista realizada ao noso decano, Julio Sánchez Agrelo, na que defende o papel do enxeñeiro de telecomunicación e a capacidade do colectivo para afrontar e impulsar os profundos cambios aos que asistiremos nos vindeiros anos, ao tempo que destaca a consolidación do noso colectivo en Galicia.

Entrevista Decano COETG na Voz de Galicia

Julio voz_0.png

Para oficina en Ferrol empresa de enxeñeiría e consultoría busca 2 estudiantes de últimos cursos dos estudios de Enxeñeiría de Telecomunicación (grado ou Máster) o co 50% dos créditos da carreira superados. A súa función será a integración e detalle de sensores e antenas no buque, disposición de elementos de combate, comunicacións interiores, xeración de documentación relacionada.

O domingo 3 de xuño na sección Mercados de La Voz de Galicia, publicouse o artigo do noso compañeiro Fernando Cendán sobre patrimonio e activos dixitais. Con certa periodicidade terán cabida no xornal artigos de diferentes autores, enxeñeiros de telecomunicación colexiados/asociados, coa finalidade de dar continuidade ás iniciativas coas que dende o COETG e a AETG se pretende sensibilizar aos lectores sobre a importancia das TIC para o progreso da sociedade e dar a coñecer a profesión do enxeñeiro de telecomunicación dende unha perspectiva máis cercana.

Accede á publicación do artigo "Patrimonio y activos digitales"

Foto Cendan.jpg

De interese para colexiados

O Consorcio Zona Franca de Vigo implantará un Sistema de Vixilancia, seguridade e anti intrusión no recinto da entidade situada en Bouzas, para o cal solicita profesionais autónomos ou empresas interesadas na elaboración do Prego Técnico e a valoración de ofertas para o procedemento do proxecto e obra dos sistemas de vixilancia, seguridade e anti intrusión nas súas instalacións de Bouzas.

Para máis información acceso con claves.

czfv.png

O Consello Galego de Enxeñerías (CGES), do que forma parte o noso Colexio, homenaxeou a tres dos seus decanos fundadores, que acaban de deixar os seus cargos nos seus respectivos colexios profesionais e tamén no CGES. Ramón Bermúdez de Castro Olavide, exdecano do noso Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e primeiro vicesecretario do CGES foi homenaxeado xunto a Ricardo Babío, exdecano do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia e primeiro presidente do CGES e Javier Pamies Durá, exdecano do Colexio de Enxeñeiros Navais e Oceánicos e un dos primeiros vogais do CGES.

Foto CGES.jpg
Distribuir contido