Noticias

 

O fallo apoia integramente as teses do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación fronte aos criterios da Xunta de Galicia e do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia apoia as teses defendidas polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación e apóiase na recente xurisprudencia do Tribunal Supremo que corrobora que os enxeñeiros de telecomunicación “teñen unha formación en electrónica e electricidade que os habilita para redactar e asinar proxectos de instalacións eléctricas de baixa tensión”. A sentenza afirma ademais que a Administración non pode denegar o rexistro de proxectos en materia de baixa tensión presentados por enxeñeiros de telecomunicación.

O proceso comezou en setembro de 2009, cando unha colexiada de Galicia informounos de que a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia (Delegación de Pontevedra) denegara un proxecto de iluminación pública asinado por ela mesma cando con anterioridade outros proxectos da mesma materia si lle foron aceptados. O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación iniciou a reclamación por vía administrativa ante a propia Consellería e ante a falta de resposta interpuxo, nos prazos legais, un recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

En virtude do acordo de colaboración entre O Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e APD (Asociación para el progreso de la dirección), os asociados/colexiados poden asistir de forma gratuíta á xornada "La Reforma Laboral" que se celebrará o vindeiro 15 de marzo en horario de mañá en Santiago de Compostela.

a_reforma_laboral_pagina_1.jpg

De interese para colexiados e asociados.

En virtude do acordo de colaboración entre O Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e APD (Asociación para el progreso de la dirección), os asociados/colexiados poden asistir a prezo de socio ó Seminario "Nuevas tendencias en la gestión del talento".

Este seminario celébrase o día 28 de febreiro de 9.30 a 14.00 horas en Santiago de Compostela. Se estás interesado en asistir envíanos un correo electrónico indicando o nome e apelidos e número de colexiado/asociado ao seguinte enderezo electrónico administracion@coetg.es.

O COETG informa da convocatoria das bolsas de prácticas profesionais en pemes e autónomos para estudantes de Grado e Master dos últimos cursos, cunha duración mínima de tres meses en horario de xornada completa. O prazo de inscrición está aberto ata o día 31 de marzo.

Mais información

Segundo a colaboración existente entre a Escola de Enxeñaría Técnica Superior de Telecomunicacións e o Colexio/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, os colegiados que estean interesados están convidados a asistir a conferencia que baixo o título "Evolution of EUTELSAT: from an international organization to a multibillion quoted company" impartirá D. Giuliano Berretta, na actualiadade Presidente de Honor de Eutelsat Communications.

Distribuir contido