Noticias

 

De interese para colexiados

O día 22 de xaneiro darán comezo os cursos en formato on-line "Introdución á Ciberseguridade" e "Adquisición, análise e presentación de evidencias dixitais" que organiza o Colexio e dos cales está aberto o prazo de inscrición.

O curso sobre Ciberseguridade abordará os antecedentes e diversas iniciativas da normativa a nivel internacional e mundial. Estudará os procesos de análise de riscos de seguridade dunha organización e realizará unha introducción na aprendizaxe de técnicas de detección de ataques cibernéticos e actividades maliciosas, prevención, recuperación e mitigación de ciberataques, avaliación do risco, probas de penetración e análise de malware.

escudo.gif

O Grupo de Exercicio Libre da Profesión Galicia (GELP Galicia) está formado por enxeñeiros de telecomunicación colexiados que se dedican ao libre exercicio da profesión. A traveso do mencionado grupo, por parte do COETG se canaliza toda a información, propostas e iniciativas, así como traballos e actuacións neste campo.

Se eres libre exercente e queres recibir información e participar nas actividades do grupo, envianos un mail a gelpgalicia@coetg.gal dado que toda a información relativa a esta área se canaliza exclusivamente a traveso do listado de integrantes do GELP Galicia.

A Escuela de Finanzas e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia asinaron un acordo marco de colaboración cuxo obxectivo principal é contribuír ao fomento das actividades formativas dirixidas a directivos e profesionais da área TIC e da Sociedade da información.

O acto de firma tivo lugar na tarde de onte por parte dos representantes de ambas as entidades, Patricia Muiño Parente, directora xeral da Escuela de Finanzas e o presidente da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Julio Sánchez Agrelo.

convenio EF.JPG

De interese para colexiados e asociados

facebook.png twitter.png

Coa idea de incrementar a comunicación entre nós como colectivo e de intensificar as relacións dos que formamos este Colexio e Asociación, dende o grupo de comunicación queremos convidarte a que formes parte activa deste novo Plan de comunicación co que pretendemos, ademais de consolidar os nosos lazos de confraternización, aumentar a proxección social da nosa profesión.

De interese para colexiados/asociados

No marco do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020, ponse en marcha por parte da Amtega unha nova inciativa da Rede de Aliados Dixitais para o ano 2018. Dende o COETG, como entidade integrante desta Rede solicitamos a colaboración dos colexiados/asociados interesados en participar de forma altuista na realización de actuacións concretas de inclusión dixital dirixidas a colectivos concretos e/ou á cidadanía en xeral durante o ano 2018.

logo_faitedixital.png

De interese para colexiados e asociados

A Amtega ven de publicar no Diario Oficial de Galicia una resolución pola que se convoca o posto de Director/a da Área de Sociedade Dixital, dependente da propia Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Pódese consultar a Resolución que recolle toda a información no seguinte enlace: DOG núm. 234 do martes 12 de decembro de 2017

amtega.png
Distribuir contido