Noticias

 

O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia organizan un percorrido polas distintas instalacións dunha das obras de enxeñería más senlleiras da nosa comunidade: a Cidade da Cultura. A visita terá lugar o mércores 20 de xullo ás 17:30 horas.

Durante o tour poderán verse as exposicións: "A Cidade", sobre o deseño e construción da Cidade da Cultura de Galicia, "Typewriter", unha mostra de máquinas de escribir antiguas e "Miquel Navarro: figuras para a batalla", esculturas.

Cidade da Cultura

FITCE, a Federación de Enxeñeiros de Telecomunicación da Comunidade Europea, á cal pertence á Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación, celebrará o seu congreso anual na cidade italiana de Palermo entre os días 31 de agosto e 3 de setembro. Aínda está aberto o prazo de inscrición cunha redución da tarifa para os que se incriban antes do 15 de xullo.

Para acceder a toda a información sobre o congreso pincha no enlace www.fitce2011.org

Logo FITCE

Para pertencer ao Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación como colexiado, deberase acreditar dispoñer da titulación académica oficial que en cada momento habilite para o exercicio da profesión de “Enxeñeiro de Telecomunicación”.

Logo COETG
Distribuir contido