Noticias

 

Coincidindo coa conmemoración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2012, que se celebra o vindeiro 17 de maio, o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia están a organizar unha serie de actos que terán lugar durante os vindeiros días.

Anualmente o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, conmemora o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información cunha serie de eventos relacionados con este día. Así, está prevista a publicación dunha nova edición da revista "A Nosa Rede" e a celebración do tradicional Concerto das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, entre outros actos. Destacamos tamén a publicación do Manifesto do COETG o vindeiro 17 de maio co gallo do DMTSI.

Para máis información sobre o programa de actos premer aquí

Descargar programa

bannerdmt2_0.png

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia celebrará unha xornada sobre a Integración do Cableado nas Telecomunicacións o vindeiro 15 de maio na Coruña.

A xornada, de carácter gratuíto, será impartida pola empresa Unex e terá lugar ás 16:00 horas nas instalacións da empresa na Coruña, concretamente na Sala de Formación de Unex, na Rúa Pasteur, 28, 2ª Planta, Polígono Industrial da Grela.

Os interesados en asistir á xornada poden enviar un correo electrónico a gelpgalicia@coetg.es indicando o seu nome e teléfono de contacto non mais tarde do 11 de maio.

xornada_tecnica__aetg-unex.jpg

O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, máis coñecido como Muncyt, abriu hoxe venres as súas portas na cidade da Coruña.

A súa inaguración asistiron os Príncipes de Asturias, que foron os primeiros en percorrer os case 5.000 metros cadrados que conforman este museo, distribuído en nove plantas.

De titularidade estatal, o Muncyt nace como un museo adaptado aos novos tempos, no que a idea tradicional de monumento se dilúe para dar forma a exposicións dinámicas e interactivas.

muncyt_coruna-1b0fc.jpg

O Tribunal Supremo respaldou o fallo da Audiencia Nacional que determinaba a legalidade das Ordes CIN/355/2009 e 352/2009 de 9 de febreiro polas que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habilitan para o exercicio da profesión de Enxeñeiro de Telecomunicación e de Enxeñeiro Técnico de Telecomunicación, respectivamente, co que de maneira firme declárase a legalidade das vías de acceso ao Máster, que foran recurridas por parte do Colexio de Enxeñeiros Técnicos e Peritos de Telecomunicación (COITT). Tanto no recurso de Casación ante o Tribunal Supremo, como anteriormente ante a Audiencia Nacional, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación (COIT) estivo personado defendendo a legalidade das normas, que finalmente foron plenamente verificadas.

En virtude do acordo de colaboración entre O Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e APD (Asociación para el progreso de la dirección), os asociados/colexiados poden asistir de forma gratuíta á xornada "Personas y equipos que marcan la diferencia" que se celebrará mañá día 12 de abril en horario de mañá en Santiago de Compostela.

jpgc1270081.jpg

Dende o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia traballamos coa finalidade de contribuír ao desenvolvemento do sector TIC, con este fin poñemos en marcha o “Plan de Emprego Activo”, un servizo integral e exclusivo do COETG, dirixido aos enxeñeiros de telecomunicación para a procura ou mellora de emprego e ás empresas para facilitar a busca de profesionais do sector das telecomunicacións e da sociedade da información.

Distribuir contido