Noticias

 

O COETG informa da convocatoria das bolsas de prácticas profesionais en pemes e autónomos para estudantes de Grado e Master dos últimos cursos, cunha duración mínima de tres meses en horario de xornada completa. O prazo de inscrición está aberto ata o día 31 de marzo.

Mais información

Segundo a colaboración existente entre a Escola de Enxeñaría Técnica Superior de Telecomunicacións e o Colexio/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, os colegiados que estean interesados están convidados a asistir a conferencia que baixo o título "Evolution of EUTELSAT: from an international organization to a multibillion quoted company" impartirá D. Giuliano Berretta, na actualiadade Presidente de Honor de Eutelsat Communications.

En virtude do acordo de colaboración entre O Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e APD (Asociación para el progreso de la dirección), os asociados/colexiados poden asistir de forma gratuíta á xornada sobre "La dirección a examen. Impacto de la calidad directiva en tiempos de crisis" con Paco Muro, Presidente Executivo de Otto Walter e autor de "El pez que no quiso evolucionar".

apd.jpg

O picosatélite galego XaTcobeo, o primeiro universitario construído en España segundo os estándares da Axencia Espacial Europea (ESA), será lanzado o 13 de febreiro na Guayana Francesa, acto que será retransmitido en directo pola Radio Galega.

foto_xatcobeo_pagina_01.jpg

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG), participa un ano máis no proxecto formativo do plan Avanza Formación 2011/2012 presentado ante o Ministerio de Industria, dirixido á formación de profesionais para as redes de Innovación de Comercio Electrónico. O proxecto está destinado á formación no sector das telecomunicacións e da sociedade da información. Ao finalizar cada curso os alumnos obteñen coñecementos específicos sobre a materia escollida, avalados por unha acreditación homologada polo Ministerio de Industria e certificada polas principais compañías participantes: Cisco Systems, Microsoft, SAP, Siemens, Oracle, ...

Descarga a programación dos cursos no seguinte enlace

plan_avanza_0.png

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia reuniuse co alcalde de A Coruña, Carlos Negreira, e co responsable de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Martín Fernández Prado, para ofrecerse a participar no proxecto “Smart Cities”. Grazas a este proxecto, as novas tecnoloxías aplicaranse aos servizos públicos e permitirán alcanzar notables cotas de sostibilidade, eficiencia e benestar social. Estruturarase en torno a seis grandes eixes: Medio, Enerxía, Mobilidade Urbana, Sanidade e Seguridade, Turismo e Ocio e Administración Electrónica, co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos cidadáns e o ámbito económico a través das TIC e a innovación.

fotofamiliasmartcities.jpg

Distribuir contido