Noticias

 

O vindeiro día 27 de xuño terá lugar en Madrid a xornada sobre Novas Políticas en Telecomunicacións e Sociedade da Información, na que colaboran diferentes asociacións relacionadas directamente co sector das telecomunicacións ademais do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación.

xornada.gif

En virtude do acordo de colaboración entre O Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e APD (Asociación para el progreso de la dirección), os asociados/colexiados poden asistir de forma gratuíta á xornada "Galicia en la salida de la crisis" que se celebrará o vindeiro martes día 19 de xuño en horario de mañá en Santiago de Compostela.

jpgc1270231.jpg

O vindeiro día 15 de xuño, terá lugar no CITEXVI (Campus Universitario de Vigo) o Seminario internacional sobre Comunicacións por Satélite e Mobilidade, ao cal poderán asistir os colexiados e asociados que o desexen, grazas á invitación recibida de Gradiant que o COETG fai extensiva ao colectivo.

Hoxe día 6 de xuño tivo lugar na cidade da Coruña a presentación sobre a Axenda Dixital da Coruña, o novo plan director da sociedade da Información e a Comunicación da cidade, que está enmarcado dentro do Plan Estratéxico da Coruña: Coruña Futura.

O concello da Coruña anuncia como un dos programas vertebradores desta Axenda Dixital o programa Smart Coruña, fruto do convenio entre a administración municipal e o Ministerio de Economía e Competitividade. Este proxecto conta co período de execución 2012-2013 e cun importe global de 11,5 millóns de euros, cofinanciado ao 70% polo Fondo Europeo de Desarrollo Rexional (FEDER).

logo.png

Co gallo do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2012, que se celebrou o pasado 17 de maio coincidindo en Galicia co Día das Letras Galegas, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) celebrou o V Concerto das Telecomunicacións, que este ano tivo lugar no Museo de Belas Artes da Coruña.

concerto.jpg

O Colexio Oficial e Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia celebrarán o seu tradicional Concerto das Telecomunicacións o vindeiro día 1 de xuño en A Coruña. Con este evento pechan a axenda de actos cos que conmemoraron este ano o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2012.

Neste ano, o Concerto das Telecomunicacións chega á súa quinta edición cun destacado repertorio formado por pezas clásicas de G.Ph. Telemann, R. Glier e F. Mendelssohn interpretadas polo grupo "Trío Klásiko".

imagen_concerto.jpg
Distribuir contido