Noticias

 

Con motivo do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2012, o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia organizan un Foro Dixital no que participa tamén a Escola de Enxeñería de Telecomunicación de Vigo, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Consellería de Educación. Este acto ten previsto celebrarse mañá martes día 15 de maio ás 12:00 horas no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) en Santiago de Compostela.

finisterrae_etc_56_107x80.jpg

Con motivo da celebración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2012, a Escola de Enxeñería de Telecomunicación de Vigo organiza a conferencia baixo o título "Designing Smarter Networks: Modeling Communications in the Era of Service Awareness Social Networks and the Smart Grid" impartida por D. Mike Devetsikiotis, mestre da North Carolina State University, o vindeiro mércores 16 de maio en Vigo.

Neste acto, no que o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia colaboran, contaremos ademais coa intervención da Directora da Escola de Enxeñería de Telecomunicación, Edita de Lorenzo e do Vicedecano do COETG, Miguel Merino.

Entre os actos que O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia están a organizar con motivo do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2012, incluese unha visita ás instalacións do Aeroporto de Santiago de Compostela para os colexiad@s/asociad@s que estean interesados en coñecer esta infraestructura clave para o desenvolvemento económico e social de Galicia.

cubierta_verde_alta.jpg

Con motivo da celebración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2012, o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia organizan xunto con INEO, Asociación Multisectorial das Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación de Galicia, unha Xornada Networking baixo o título "Economía do Mar", o vindeiro luns 14 de maio en Vigo.

Esta xornada ten como obxectivo identificar as necesidades tecnolóxicas do sector marítimo, co fin de detectar oportunidades de colaboración e de dar a coñecer os productos/servizos TIC existentes que podan axudar a incrementar a súa competitividade e productividade, nun intento de acercar oferta e demanda.

Descargar programa

programa_xornada_economia_do_mar_dmtsi_20120514.png

Coincidindo coa conmemoración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2012, que se celebra o vindeiro 17 de maio, o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia están a organizar unha serie de actos que terán lugar durante os vindeiros días.

Anualmente o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, conmemora o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información cunha serie de eventos relacionados con este día. Así, está prevista a publicación dunha nova edición da revista "A Nosa Rede" e a celebración do tradicional Concerto das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, entre outros actos. Destacamos tamén a publicación do Manifesto do COETG o vindeiro 17 de maio co gallo do DMTSI.

Para máis información sobre o programa de actos premer aquí

Descargar programa

bannerdmt2_0.png

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia celebrará unha xornada sobre a Integración do Cableado nas Telecomunicacións o vindeiro 15 de maio na Coruña.

A xornada, de carácter gratuíto, será impartida pola empresa Unex e terá lugar ás 16:00 horas nas instalacións da empresa na Coruña, concretamente na Sala de Formación de Unex, na Rúa Pasteur, 28, 2ª Planta, Polígono Industrial da Grela.

Os interesados en asistir á xornada poden enviar un correo electrónico a gelpgalicia@coetg.es indicando o seu nome e teléfono de contacto non mais tarde do 11 de maio.

xornada_tecnica__aetg-unex.jpg
Distribuir contido